Campaña viral de “El Jueves”
Analizando todo o que se montou en relación ao “secuestro” da revista “El Jueves“, saco as seguintes conclusións:
- O xuíz “del Olmo” en vez de evitar a difusión de “El jueves”, obtivo como resultado a masiva publicación da viñeta por parte de numerosos medios de comunicación nacionais e extran xeiros. Realmente, se non fose todo como foi, parecería unha campaña viral creada por un xuíz con accións na empresa propietaria de “El jueves”.
- Supoño que medio mundo nos terá por un país terceiro mundista,… en sen razón no será.
- Queda en dúbida a liberdade de expresión en España. Estamos no posto 43, detrás de estados como Estados Unidos, Bosnia-Herzegovina,…
- A Corona volve a ser intocable. ¿Que pasaría se a viñeta fose de ZP, de Rajoy,…? Nada. Aznar xa saiu nunha postura parecida.
- O xuíz vive na idade de pedra, ao solicitar a incautación da plancha coa que se imprimira a revista. ¿Coñecerá que existe Internes, ordenadores (non ordeñadores),…? Este quedouse en Gutenberg.
¿Non terán mellores cousas que facer as forzas e corpos de seguridade españois que ir buscando revistas polos kioskos? Por exemplo, evitar que os delincuentes introduzan toneladas de coca en España, evitar o trato de seres humanos (prostitutas, inmigrantes ilegais,…), evitar asaltos a vivendas por bandas de crime organizado,… e paro, que non me chega o tempo para seguir escribindo.
¿Vivimos no 2007 ou andamos nos tempos da Inquisición?