free hit counter

Archive for the 'Desidia' Category

Campaña viral de “El Jueves”

Sábado, Julio 21st, 2007

Analizando todo o que se montou en relación ao “secuestro” da revista “El Jueves“, saco as seguintes conclusións:

  • O xuíz “del Olmo” en vez de evitar a difusión de “El jueves”, obtivo como resultado a masiva publicación da viñeta por parte de numerosos medios de comunicación nacionais e extran xeiros. Realmente, se non fose todo como foi, parecería unha campaña viral creada por un xuíz con accións na empresa propietaria de “El jueves”.
  • Supoño que medio mundo nos terá por un país terceiro mundista,… en sen razón no será.
  • Queda en dúbida a liberdade de expresión en España. Estamos no posto 43, detrás de estados como Estados Unidos, Bosnia-Herzegovina,…
  • A Corona volve a ser intocable. ¿Que pasaría se a viñeta fose de ZP, de Rajoy,…? Nada. Aznar xa saiu nunha postura parecida.
  • O xuíz vive na idade de pedra, ao solicitar a incautación da plancha coa que se imprimira a revista. ¿Coñecerá que existe Internes, ordenadores (non ordeñadores),…? Este quedouse en Gutenberg.

¿Non terán mellores cousas que facer as forzas e corpos de seguridade españois que ir buscando revistas polos kioskos? Por exemplo, evitar que os delincuentes introduzan toneladas de coca en España, evitar o trato de seres humanos (prostitutas, inmigrantes ilegais,…), evitar asaltos a vivendas por bandas de crime organizado,… e paro, que non me chega o tempo para seguir escribindo.

¿Vivimos no 2007 ou andamos nos tempos da Inquisición?

Chapuzas “Mada in Galicia”

Jueves, Junio 28th, 2007

Interesante a recopilación de fotografías de chapuzas que se poden ver na versión dixital da Voz de Galicia.

Galería 1

Galería 2

Tags: , , , , ,

Seguro que esta web non costou 200.000 euros

Sábado, Junio 23rd, 2007

www.congrezo.com

Vaia cagada do Goberno, sin compatibilidade para Firefox e cunha chea de fallas de seguridade.

Tags: , , , , , , ,

Ferrol elimina os símbolos do franquismo que quedaban nas súas paredes

Sábado, Junio 23rd, 2007

A primeira tenente de alcalde do Ferrol (antigo El Ferror del Caudillo) confirma que se destinarán 5.000 euros á retirada de todos os emblemas da dictadura.

2007-1975 = 32 anos despois

 

Vía ADN.

Tags: , , , , ,

No comment

Viernes, Junio 22nd, 2007

¿Qué es ser gallego?

ARTÍCULO 3 (Estatuto)

1. A los efectos del presente Estatuto, gozan de la condición política de gallegos los ciudadanos españoles que, de acuerdo con las Leyes generales del Estado, tengan vecindad administrativa en cualquiera de los Municipios de Galicia. LOS QUE AQUÍ VIVIMOS NO TENEMOS QUE ANDAR DEMOSTRANDO QUE SOMOS GALLEGOS.

¡Como se poñen as cabeciñas!

Visto en Tan gallego como el gallego

 

Tags: , ,