free hit counter

KeePass, xestor de contrasinais, en galego

Acabo de publicar a traducción do popular xestor de contrasinais KeePass, na versión 1.06.

Persoas coma min, que me apunto a moitos servizos web, que teño varias contas ftp, de correo electrónico, que teño que recordar números de teléfono,… Moitas veces teño que anotar os contrasinais, xa que se volven difícil de recordar; outras veces emprego o mesmo contrasinal, ou contrasinais moi similares, para varios sitios, co problema de seguridade que trae. Isto ten unha fácil solución: utilizar un administrador de contrasinais como KeePass.

KeePass e un xestor de contrasinais de código aberto (certificado pola OSI) e gratuito para Windows, Linux, Mac, PalmOS, Pocket PC, Smart Devices e U3P, onde meteremos na súa base de datos todos os contrasinais dos novos servizos e recordando un único contrasinal, teremos acceso ao resto. A base de datos está encriptada empregando os mellores e máis seguros algoritmos de encriptación coñecidos hoxe en día (AES e Twofish).

Podes descargar aquí o programa completo para utilizalo en Windows. Só tes que descomprimilo e executar o .exe.

Podes descargar aquí o arquivo de idioma.
Logo descarga aquí o programa orixinal. Unha vez instalado, copia o arquivo anterior (galician.lng) no mesmo directorio que o executable do KeePass e executa o KeePass.exe. Agora só queda cambiar o idioma; para elo, vai a “View->Change language…” e fai clic en “Galician”. O programa pideche reiniciar. Volverá a arrancar e só, agora no idioma elexido.